Desenvolveuse na Escola de Ove cunha importante asistencia de participantes. O alcalde, Fernando Suárez, e varios edís do equipo de goberno realizaron unha visita ao curso. O plan de formación rural deu comezo o pasado 23 de outubro cun curso de elaboración de pan, ao que lle seguiu outro de xabón e hoxe é o de elaboración de cervexa. Xa en decembro terán lugar unhas xornadas de cosmética natural o día 4 en Vilaframil e un curso para a elaboración de queixos os días 11 e 12 na escola de Remourelle. Todas estas actividades, que tan boa acollida están a ter, son de balde.