Lourenzá, 16 de novembro, 2021. Ao fío das once e media desta mañá, o 112 Galicia era informado dun traballador ferido no concello de Lourenzá.
O alertante que chamou ao 112 Galicia, solicitaba asistencia para un operario que quedara atrapado na máquina coa que traballaba, nunha fábrica situada no lugar da Pena, en San Xurxo de Lourenzá.
Ata o lugar acudiron nada máis ser informados polo 112 Galicia, os servizos sanitarios de urxencia, os Bombeiros de Barreiros e a Garda Civil. Así mesmo, foron informados os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.
Unha vez no punto, os Bombeiros confirmaron a excarceración do ferido, que foi tratado polos profesionais sanitarios.