A Mariña, 16 de novembro de 2021. A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña apoia a folga xeral do día 17 de novembro, convocada polos tres sindicatos maioritarios. Desde o colectivo sanitario manifestan que se adhiren a esta chamada á folga motivada pola situación de emerxencia na que se atopa a Mariña, abocada a converterse nun deserto industrial, situación que afecta tanto aos sectores estratéxicos como ao comercio, hostelería e servizos.
A comarca, cun enorme potencial industrial e cun sector primario potente, esmorece aos poucos ante a pasividade dos gobernos . Do mesmo xeito, estamos a ver como a Mariña está a perder servizos sanitarios públicos a marchas forzadas, sobre todo despois da perda da área sanitaria, que nos converteu nun distrito sanitario da macroárea de Lugo. Esto supuxo a perda de orzamento propio, a concepción dunha sanidade pública centralizada na capital, alonxando os servizos dos cidadáns, que cada vez mais frecuentemente vense na obriga de desprazarse a Lugo ou Coruña para procedementos que ben podían facerse aquí.
Desde esta plataforma animamos a veciñas e veciños a sumarse a esta xornada de folga e a acudir á manifestación que ás 12 da mañá parte do Hospital da Mariña e que cremos que será multitudinaria.