Ribadeo, 13 de novembro de 2021. Segue hoxe o plan de formación rural, organizado polo Concello de Ribadeo, cun curso de elaboración de xabón. Estase a desenvolver na Escola de Vilaselán desde as dez da mañá ata as sete da tarde cunha importante asistencia de participantes.
O plan de formación rural deu comezo o pasado 23 de outubro cun curso de elaboración de pan, segue hoxe co de xabón e continuará con outro de elaboración de cervexa o 20 de novembro na escola de Ove. Xa no mes de decembro terán lugar unhas xornadas de cosmética natural o día 4 en Vilaframil e un curso para a elaboración de queixos os días 11 e 12 na escola de Remourelle.
Todas estas actividades, que tan boa acollida están a ter, son gratuítas.