Cervo, 9 de novembro de 2021. O deputado mariñán do Partido Popular, José Manuel Balseiro, formulará este mércores, 10 de novembro, durante a sesión de control do Parlamento de Galicia unha pregunta dirixida ao vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, na que se interesa pola información da que dispón o Goberno galego sobre o proceso de venda da factoría de aluminio de Alcoa, en San Cibrao.
Na súa iniciativa os populares insisten na urxencia por atopar unha solución que ofreza estabilidade aos traballadores e traballadoras que dependen da única planta de aluminio primario que continúa activa en España.
“Polo tanto, Alcoa e Goberno deben pasar das intencións aos feitos, escoitando a solicitude do cadro de persoal, que piden concrecións e liderar canto antes unha saída viable e de futuro para a planta, que garanta toda a capacidade produtiva e tamén, a totalidade dos empregos directos e indirectos. Para conseguilo, como sempre reclamamos, o Goberno debe garantir o proceso de venta o antes posible, así como un prezo eléctrico competitivo e estable para a industria hiperelectrointensiva, polo que levamos agardando máis de dous anos”.