XOVE .- Dentro das actividades que o Concello de Xove realiza dentro do Programa “Verán Xuventude 2010”, organizados pola Concellería de Xuventude, hoxe temos unha importante e novidosa cita; o Alcalde de Xove Demetrio Salgueiro vai respostar ás preguntas dos rapaces e rapazas do Concello dentro do acto “TEÑO UNHA PREGUNTA PARA VOSTEDE”. Este vis a vis entre o Alcalde e os/as rapaces do Concello vaise celebrar HOXE MÉRCORES, 30 DE XUÑO, A PARTIRES DAS 16:30 HORAS SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO.
Esta actividade a que acabamos de referirnos é unha das moitas que a Concellería de Xuventude organiza durante os meses estivais de xuño a setembro. Este Programa, que comezou en xuño coa Ruta dos Muiños na Romaría de San Antonio en A Rigueira, vai ter continuidade nos vindeiros meses de xullo, agosto e setembro. Ímonos centrar nas actividades do mes de xullo:
O luns 5 de xullo comezan os cursos de informática na OMIX, de “Manexo de Windows, Word e Internet” para nenos/s de 6 a 9 anos e un “Curso de Informática e Introducción ao Photoshop” para rapaces de 10 a 12 anos. En total INSCRIBÍRONSE 51 ALUMNOS/S, o que sen dúbida é unha cifra moi alta, tendo en conta a nosa poboación. Estes cursos van rematar o 29 de xullo.
O 10 de xullo, un numeroso grupo de xovenses ( con idades de 13 a 35 anos) van difrutar do AQUAPARK de Cerceda, partindo ás 9:30 de Xove para retornar sobre as 20:30 horas. Por agora hai 31 INSCRITOS, e inda está aberto o prazo para poder realizar a inscrición.
Outra actividade que se vai desenvolver durante o mes de xullo é o PAINT BALL, concretamente o MÉRCORES 14 DE XULLO (para rapaces/as de 12 a 16 anos) e o SÁBADO 31 DE XULLO (para rapaces de 16 a 35 anos).. Tamén nesta actividade está habendo unha gran participación, dado que neste intre temos 32 INSCRITOS, podendo ainda inscribirse ata o 12 de xullo.
En conclusión, dende a Concellería de Xuventude quérese destacar a alta participación que está habendo nas distintas actividades que programou para este verán 2010.