Viveiro, 29 de outubro, 2021. A Rede Europea de Celebracións de Semana Santa e Pascua instala placas identificativas nos museos e organismos asociados. Un total de 32 lugares ubicados nos municipios membros da rede que abarcan os países de España, Italia, Portugal, Malta e Eslovenia. Segundo palabras da presidenta da Rede Europea, Rosario Andújar Torrejón “Trátase dun paso máis para dar visibilidade a todos espazos que forman parte desta rede común no que o traballo agrupado desenvólvese ao longo de todo o ano. Con diversas acción que buscan promocionar e difundir o patrimonio cultural, tanto material como inmaterial, relacionado cas celebracións de Semana Santa e Pascua en Europa”. Esta acción “pon en valor unha serie de recursos vencellados á Semana Santa que compoñen parte do legado tanxible e intanxible referente a estas tradicións” recalca Andújar Torrejón.
En Viveiro os espazos que contarán con estas placas son a Exposición Permanente de Semana Santa nos claustros de San Francisco e a oficina de turismo (onde xa está colocada).
Máis sobre a Rede Europea
A Rede Europea de Celebracións de Semana Santa e Pascua creouse en 2019. Entre os seus obxectivos destacan poñer en valor o patrimonio cultural dos seus municipios, impulsar o entorno a través dun desenvolvemento sostible e contribuir a salvagardar o patrimonio inmaterial a través do traballo científico e de investigación