Lourenzá, 27 de outubro de 2021. A sala de exposicións do Concello de Lourenzá acolle unha mostra de pinturas e gravados de Luís Seoane desde este pasado domingo, cando foi inaugurada, ata o 19 de novembro.
A exposición, á que se accede pola biblioteca municipal, está aberta ao público de luns a venres de 17 a 20 horas. Para visitala fóra deste horario hai que chamar previamente ao Concello e contactar con María José no teléfono 982.12.10.06.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “son pinturas e gravados de Luís Seoane que pertencen a coleccións de privadas e que nunca estiveron expostos nun lugar así, xa que o habitual e que se mostren en museos. É un luxo e unha oportunidade única de ver obras dun artista tan importante como Seoane”.