Ribadeo, 27 de outubro de 2021. A estratexia alimentaria participativa Eo Alimenta organiza unha sesión informativa sobre a mellora de calidade dos procesos grupais. Será este venres, día 29, na Casa da Xuventude de Ribadeo.
Ao longo deste ano estanse celebrando sesións internas e públicas de debate coas que se vai pensado de xeito colectivo cales son as dificultades e/ou alcances dunha estratexia alimentaria.
A finalidade é pensar de xeito colectivo para acadar respostas concretas ás diferentes problemáticas que envolven a cadea alimentaria e que a xente que vive no territorio comece a consumir de xeito máis saudable e cun menor impacto ecolóxico.
Dentro das sesións previstas este venres, día 29, na Casa da Xuventude, terá lugar unha breve sesión para abordar uns coñecementos básicos sobre a necesidade de incorporar ferramentas de facilitación grupal nos procesos colectivos.
Ao tratarse dun proceso complexo, sempre hai dúbidas sobre os alcances, ou tensións polas temporalidades, o que pode provocar tensións, polo que é importante dar espazo de calidade ao grupo para atender esas demandas ou desexos.
Por este motivo é polo que e celebrará a Píldora Formativa Mellora da Calidade dos Procesos Grupais, que terá lugar o venres, 29 de outubro, de 19 a 20:30 horas na Casa de Xuventude de Ribadeo.
Esta primeira sesión será conducida pola facilitadora Verónica Campos (Melencha), educadora ambiental con 20 anos de experiencia en procesos de participación, educación e comunicación ambiental.
A xornada formativa está aberta a todas as persoas interesadas en incorporar estas ferramentas nos procesos grupais ou para aquelas persoas que desexan facilitar cambios positivos e satisfactorios nas súas organizacións, grupos ou comunidades, dunha forma participativa. Para iso cómpre inscribirse antes das oito da tarde de hoxe mércores, día 27, no email eoalimenta@usc.gal