BURELA .- A manifestación convocada en defensa da sanidade pública, que se celebrou en Burela na maña do sábado, tivo una multitudinaria acollida a pesares da oposición do PP ás reivindicacións da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública na Mariña. Miles de persoas de toda A comarca concentráronse nas inmediacións do Hospital da Costa hasta ocupar por completo as rampas de acceso e as explanadas próximas.
Pasadas as doce da mañá os manifestantes partiron cara a Praza da Mariña, percorrendo a marcha pola rúa Rafael Vior, Camiño Real, Marques de Sargadelos, avenida Arcadio Pardiñas, Eijo Garay e Rosalía de Castro, nun traxecto de algo máis de un quilómetro.
A manifestación ía encabezada por unha pancarta na que podía lerse “Salvemos o Hospital da Costa. Plataforma en Defensa da Sanidade Pública na Mariña”, detrás acompañábana outras pancartas con lendas como “Non a privatización da sanidade pública”, “Nos aos plans da Consellería” e unha moi expresiva “No queremos nacer na Xesta !!”.
A marcha concluíu na Praza da Mariña, onde distintas persoas deron lectura a diversos comunicados de apoio e reivindicación ante os asistentes a concentración.
A manifestación contou coa participación de alcaldes e concelleiros de distintas corporacións de A Mariña, representantes de organizacións sindicais e de comités de distintas empresas.