Viveiro, 14 de outubro, 2021. Rematada outra reunion dentro do proceso de negociacións sen o máis mínimo avance, a empresa so quere cumprir etapas para cumprir coa lei. Mentres os traballadores piden que se paren a negociar de verdade sen o ERE a contrareloxo. Xs traballadoxs teñen claro que deben continuar esixindo que se busque unha solución para o mantemento da totalidade dos postos de traballo, así llo trasladaron hoxe a empresa.
Tamén existe un compromiso por parte da Xunta de buscar un inversor que interesado en adquirir a empresa e os seus empregados. A data para a vindeira reunión, será o venres 22, ás 9:00 horas.