Continúan as actividades socioculturais no Vicedo, nesta ocasión con teatro infantil a cargo de Ghazafelhos teatro presentando a obra: “A Caixa sen Pandora”. Será este xoves día 7 a partir das 16:45h na Casa da Cultura con entrada gratuita. A caixa sen Pandora é unha historia protagonizada por Montse Piñón e Pepablo Patinho que nos lanza unha pregunta…. Que pasaría se Pandora non chegase a abrir a caixa?. Esta obra relaciona a lenda de Pandora coa loita pola igualdade das mulleres. Trátase dun repaso divertido das distintas mulleres universais en xeral, e galegas en concreto, que decidiron romper coa norma establecida e abrir a súa propia caixa iniciando un movemento imparable pola igualdade. Despois de todo… queremos nós abrir a nosa propia caixa?
Teatro infantil este xoves no Vicedo