Mondoñedo, 29 de setembro, 2021. O arranque da campaña “Rodas da Sostibilidade da Federación de Comercio de Lugo” en Mondoñedo terá lugar este xoves, 30 de setembro, ás 11.00 horas, no lugar de ubicación da ruleta, na Praza da Catedral da vila.
A iniciativa desenrolarase entre as 11.00 e as 14.00 horas e repartirá máis de 200 agasallos entre os clientes que presenten un ticket de compra dos establecementos asociados de Mondoñedo, que realizaran unha ou varias compras entre o 23 e o 30 de setembro. Cunha compra mínima de 10€ poderán tirar dunha das dúas rodas (unha roda para tiques por valor de entre 10€ e 49,99€ e outra para tiques por valor de 50€ ou máis).
As “Rodas da Sostibilidade” está organizada pola Federación de Comercio de Lugo, en colaboración coa Xunta de Galicia-Dirección Xeral de Comercio e a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Mondoñedo.
O arranque da campaña contará coa presencia do presidente da Federación Galega de Comercio e da Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas; o presidente de ACIAM, Ángel José Marful, e o alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero.