CERVO .- Remataron no concello de Cervo os obradoiros de memoria que a concellaría de Muller organiza en todos os centros sociais e que pecharán nun acto que terá lugar o venres, 25 de xuño, ás 20 horas, no auditorio municipal da Casa da Cultura
Nota de Prensa
No transcurso do mesmo procederase á entrega de trofeos aos ganadores dos campionatos de tute e parchís, así como dos diplomas acreditativos aos participantes nestes obradoiros que serviron de pulo á actividade nos centros sociais do rural
CERVO ORGANIZA UNHA VELADA DE PECHE DOS OBRADOIROS DE MEMORIA
* O acto terá lugar o venres, 25 de xuño, ás 20 horas, no Auditorio Municipal da Casa da Cultura.
* Os distintos obradoiros foron impartidos e promovidos pola Concellaría de Muller que dirixe Pilar Armada.
Cervo, 24 de xuño de 2010.- Un ano máis finalizan polo grande os exitosos obradoiros de memoria que a Concellaría de Muller do Concello de Cervo organiza en todos os centros sociais. Nesta ocasión a edil, Pilar Armada, convida aos participantes a unha velada de peche. A cita terá lugar o venres, 25 de xuño, a partir das 20 horas, no Auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián e na que tamén haberá unha degustación de petiscos para todos os asistentes.
No transcurso da devandita velada procederase tamén á entrega dos trofeos aos ganadores dos campionatos de tute e parchís, así como dos diplomas acreditativos dos distintos participantes nos obradoiros de memoria, iniciativa posta en marcha polo Goberno municipal que serviu de pulo para dinamizar a actividade nos distintos centros sociais que o Concello de Cervo ten distribuídos nas distintas parroquias do termo municipal.
Campionato de tute
Disputouse nunha primeira fase polas distintas parroquias do rural, a parella gañadora de cada centro social disputou a final en San Ciprián. Co seguinte resultado:
* 1º premio: Pilar Prieto e Mª Carmen Rodríguez
* 2º premio: Inés González e Pilar Gallego
* 3º premio: Villa Gallego e Elena Fernández
Campionato de parchís
Desenvolvido na Casa da Cultura de San Cibrao, co seguinte resultado:
* 1º premio: Elena Fernández e Inés González
* 2º premio (dobre empate): Villa Gallego e Pilar Gallego / Margot Pérez e Mª José Moreno
* 3º premio: Berta Pérez e Clara Rey
Obradoiros de memoria
Pero, sen lugar a dúbidas, a actividade que tivo un maior éxito foi o xa tradicional programa para o desenvolvemento da memoria nas persoas maiores que, nesta edición ampliou a posibilidade de inscrición aos maiores de 55 anos.
A memoria é unha das facultades que antes se deteriora co paso do tempo e, ao mesmo tempo, unha facultade cuxa perda provoca gran desazón e inseguridade. Os obradoiros de Memoria están pensados para desenvolver hábitos e condutas que faciliten a conservación desta facultade e, ao longo dos últimos anos, contan cunha gran participación de veciños e veciñas do noso concello.