Ribeira de Piquín, 24 Setembro, 2021. Un home perdeu a vida esta mañá logo de envorcar o camión formigoneira que conducía, no concello de Ribeira de Piquín.
O 112 Galicia recibiu o aviso, ás dez da mañá, a traves da chamada dun particular, que informaba do sinistro, aproximadamente, no quilómetro 9 da estrada LU-751, e sinalaba tamén que o condutor do camión podería estar atrapado.
Con estes datos, de xeito inmediato, os xestores do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, dos Bombeiros de Vilalba, da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil de Ribeira de Piquín.
Cando os servizos sanitarios chegaron ao punto tan só puideron confirmar o falecemento do condutor, que foi excarcerado polos bombeiros.
O finado era veciño de O Corgo e tiña 38 anos.