Viveiro, 6 de setembro, 2021. Dende o BNG de Viveiro presentamos as seguintes iniciativas para o pleno do 7 de setembro:
. Moción para a construción dun Skate Park en Viveiro contando cunha empresa especializada neste tipo de insfraestruturas.
. Demandamos transparencia e información detallada do estado actual da cesión do colexio vello de Celeiro e o traslado da EOI e poder así axilizar a residencia de Aspanane.
. Na volta doutro curso escolar, voltamos a exixir a instalación de marquesiñas en Celeiro e outros puntos do concello, non pode ser que as crianzas teñan que agardar o transporte escolar á intemperie durante todo o inverno.
. Solicitamos a reapertura do aparcadoiro público da Área Etnográfica da Insua na súa totalidade chegando até a rampa que descende pola marxe esquerda, tal e como foi deseñada e proxectada esta infraestrutura.