Ribadeo, 3 de setembro de 2021. A oficina de turismo de Ribadeo acolle ata o 14 de setembro unha exposición de pirogravados de Antonio Martínez.
Este artista leva traballado esta técnica dende a súa infancia e foi perfeccionándoa ao longo da súa carreira ata chegar á actualidade. Nos dous últimos anos aumentou a súa obra. Nesta mostra pódense ver tanto paisaxes como edificios emblemáticos da vila ribadense e doutros lugares do mundo.
A exposición foi inaugurada na xornada de onte. Xunto a Antonio Martínez estivo o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez.
O horario de visitas é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas de luns a domingo.