Foz, 19 de agosto, 2021. No pasado mes de febreiro de 2021 o BNG de Foz propuxo e acadou o compromiso do pleno do Concello de Foz para instar ao “Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana” a axeitada dotacio n de persoal da empresa pu blica Correos, e a reapertura da oficina de Correos no Concello de Foz en horario de sa bado. Denunciabamos daquela que a oficina de Correos de Foz permanecí a pechada os sa bados, por moito que na oficina e na web de correos figurara a apertura en horario de sa bado. Isto provocaba numerosos inconvintes a moitos usuarios que so poden realizar trámites neste servizo pýblico os sábados.
O BNG de Foz insistiu xa daquela que os traballadores da empresa levan denunciando anos a carencia de persoal en todos os servizos que presta. Tanto de oficina como en reparto e clasificación. Está operativo o persoal estrictamente imprescindíbel para a prestación do servizo público, e deíxanse de prestar outros servizos encomendados dende a vaga privatizadora na que se viu inmersa nos últimos anos.
Lonxe de atender ao acordo unánime do Concello de Foz, durante o mes de agosto o servizo postal empeora notablemente en Foz, con carencias insoportables no reparto. Con retrasos de mas de 15 días nas parroquias, relacionado coa ausencia de cobertura da plantilla e insuficiente dotación para a carga de traballo do periodo vacacional.
Un novo chanzo no desleixo do servizo postal universal. Por riba continúan sen ofrecer alternativas ao servizo presencial na oficina de Correos os sábados. Unha situacion a que o servizo de Correos debe poñer fin de xeito inmediato.