BURELA (FNC) .- Desde hoxe e ata o 5 de xullo está aberto o prazo para inscribirse nas actividades de verán que organizan as Concellarías de Benestar Social, Xuventude e Deportes de Burela destinadas a menores.
A edil nacionalista sinala que “continuamos coa ocioteca ao igual que o ano pasado para que os nenos e nenas de 3 a 8 anos, que teñen aos seus pais traballando en xullo e agosto, poidan disfrutar todos os días de 9 a 14 horas de actividades lúdico formativas sobre medio ambiente, expresión dramática, coeducación, lectura ou psicomotricidade”.
Neves Cando engade que “para a franxa de idade da xuventude ofrecemos este ano tres talleres. Un novidoso, e que cremos que vai ter boa acollida entre os nosos mozos e mozas, de teatro durante os meses de xullo e agosto que desembocará, si así o queren eles, nunha pequena representación teatral na primeira semana de setembro, como resultado de todo o aprendido durante o verán. E haberá outros dous obradoiros: pintura e baile moderno e break dance que se desenvolverán ao longo dunha semana tamén en xullo e agosto”.
A concelleira de Deportes explica que “xa centrados no deporte continuamos coa oferta que se desenvolverá todos os días na praza do Concello de patinaxe, aerobic, xogos tradicionais e predeportivos, batuka e tamén este ano como novidade haberá xogos na praia. Seguiremos con baloncesto, fútbol 3 x 3 e fútbol praia, ademáis da carreira popular que terá lugar o 14 de agosto e o día da bicicleta previsto para o 21 de agosto”.
Cando suliña que “todo esto constitúe a nosa oferta para este verán e todos os interesados en participar nestas actividades poderán anotarse desde hoxe e ata o 5 de xullo nas oficinas do Concello, na biblioteca pública o una Casa da Xuventude”.