NOTA DE PRENSA:
OS SOCIALISTAS CRITICAN “A BAIXEZA MORAL E POLITICA DO PARTIDO POPULAR”, POLAS CRITICAS DA VISTA DA MINISTRA DE PESCA NA MARIÑA LUCENSE
– A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Gallego dixo que os dirixentes do PP “perderon a pouca vergoña que lles quedaba”, e preguntase “con que cara lle volverá pedir axuda Feijóo ao Goberno de España”
– Advirte que as críticas realizadas polo Partido Popular cara á Ministra “son desapiadadas e dunha autentica inmoralidade”
– Asegurou que “o que lle molesta de verdade ao PP e a Núñez Feijoo é que o Goberno de Zapatero estivo donde tiña que estar, ao carón dos lucenses”
Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2010. A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Gallego cualificou hoxe como “unha baixeza moral e política” as críticas á Ministra de Pesca por aterrar no heliporto do Hospital da Costa en Burela (Lugo), realizadas polo PP. Gallego acusou ao Partido de Feijoo de “enmerdar” a política autonómica”.
A portavoz socialista lembra que as criticas realizadas polo Xerente do Hospital da Costa, José Insua, que denunciou os feitos, “non son dun técnico calquera”, xa que advirte que foi “Alcalde polo Partido Popular no municipio de Cervo”. Nese senso aseverou que este episodio non responde ao celo profesional do director do centro hospitalario, senón a “unha estratexia global do PP en Galicia, dirixida por Núñez Feijóo, que o único que pretende enmerdar a política autonómica”, espetou Gallego.
Advirte que as críticas realizadas polo Partido Popular cara á Ministra “son desapiadadas e dunha autentica inmoralidade”. A deputada socialista relata que“todo o mundo sabía que viña percorrendo ou litoral atlántico para estar cos afectados polas inundacións da mariña lucense”, co fin de escoitar os seus problemas e ofrecerlles a axuda do Goberno central. E insistiu “ o que lle molesta de verdade ao PP e a Núñez Feijoo é que o Goberno de Zapatero estivo donde tiña que estar, ao carón dos lucenses”, replicou.
Gallego dixo que os dirixentes do PP “perderon a pouca vergoña que lles quedaba”, e preguntase “con que cara lle volverá pedir axuda Feijóo ao Goberno de España”.
E resumiu “Feijóo estivo na Mariña e anunciou que ía pedirlle axuda ao Goberno Central. E a ministra ven aos poucos días á costa de Lugo e así foi como llo pagaron”, concluíu a voceira socialista.