Lugo, 28 de xullo de 2021. O Grupo Provincial do Partido Popular dá o seu apoio unánime a Elena Candia para revalidar a presidencia do Partido. Os integrantes do mesmo veñen de asinar o seu aval, co que respaldan a candidatura da tamén deputada no Parlamento de Galicia e aspirante a seguir dirixindo a formación a nivel provincial. Así se escenificou nunha reunión de traballo coa que os populares da Deputación trasladaron masivamente o seu apoio.
O voceiro, Javier Castiñeira, e nome de todos os deputados, sinala que “demos o noso apoio a Elena Candia, que liderou este Grupo durante anos, que chegou a ser presidenta da Deputación, que coñece as necesidades dos lucenses e que ten un proxecto para a provincia”. Neste senso, apunta: “estamos seguros de que vai ser unha etapa moi frutífera para a provincia, para o Partido e para recuperar os Concellos nos que non gobernamos”.
Castiñeira considera que a candidata “está fortalecida grazas a un traballo con rigor e moita dedicación”. “Da man Elena Candia estamos tamén preparados para a Deputación, que tamén merece un goberno do Partido Popular”, manifesta.
Respaldo de pesos pesados
A mindoniense segue sumando así novos apoios de pesos pesados da formación popular, pois entre os deputados provinciais atópanse os alcaldes de Friol, José Ángel Santos; Outeiro de Rei, José Pardo Lombao; Folgoso do Courel, Lola Castro; As Nogais, Jesús Núñez; Castro de Rei, Francisco Balado; Palas de Rei, Pablo Taboada; e O Vicedo, Jesús Novo; ademais dos voceiros do PP na Deputación, Javier Castiñeira; en Vilalba, Agustín Baamonde; en Sarria, José Antonio García; e en Barreiros, José Manuel Gómez Puente. O deputado por Lugo e concelleiro neste municipio, Óscar Poy, tamén asinou o seu aval para a candidatura da mindoniense.
Prazos
Tanto Candia, como os candidatos que decidan dar un paso adiante, se así fose o caso, teñen de prazo para presentar os seus avais ata o 4 de agosto. Ao día seguinte, 5 de agosto, será a proclamación das candidaturas presentadas, tal e como rexe o regulamento do 18 Congreso Provincial do PP de Lugo, fixado para o 19 de setembro.