Ribadeo, 27 de xullo, 2021. Unha muller de idade avanzada perdeu a vida este luns tras ser sacada inconsciente do mar na Praia do Cargadoiro en Ribadeo.
O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos ao fío das doce e cuarto, a través de varias persoas particulares que alertaron da situación da muller.
Axiña, desde o CIAE 112 Galicia requiriuse a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local e dos axentes da Garda Civil.
Malia os esforzos dos servizos de emerxencia desprazados, os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.