Viveiro, 23 de xullo, 2021. O vindeiro domingo 25 é a celebración do Santiago Apóstolo. Viveiro participará por iniciativa da Irmandade de Mujeres da Santa Cruz na elaboración da Alfombra Mundial do Xacobeo 2021. Será na Praza Maior onde se realizará unha alfombra común en 250 cidades de alfombristas pertencentes a 28 países dos cinco continentes.
Virá ser a pegada dos alfombristas do Camiño de Santiago. Centos de persoas elaboraranas en México, India, Italia, Perú, Guatemala, Portugal, Azores, Arxentina, Honduras, etc. e por suposto innumerables puntos da xeografía estatal.
A Autora do tapiz é Dores Grela cun equipo de mulleres da Santa Cruz. Ás 12 do mediodía haberá un momento especial cos gaiteiros xuvenís de Bágoas dá Terra.