A MARIÑA .- A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, acompañou a Ministra de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, Elena Espinosa, a visita que realizou as zonas afectada polas fortes choivas na Mariña.
NOTA DE PRENSA
RAQUEL ARIAS VISITARÁ AS ZONAS DA MARIÑA MÁIS AFECTADAS POLAS INUNDACIÓNS XUNTO COA MINISTRA DE MEDIO AMBIENTE, ELENA ESPINOSA
Lugo, 17 de xuño de 2010.- A Delegada Territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, visitará xunto coa Ministra de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, Elena Espinosa, a zona da Mariña afectada polas fortes choivas da pasada semana.
Raquel Arias estará ás 17 horas na Casa do Concello de Cervo, onde será recibida polo alcalde. Posteriormente, percorrerán as zonas afectadas e participarán ás 18:00 horas nunha reunión cos alcaldes da Mariña no Concello de Burela.
O Consello da Xunta que se celebrou hoxe aprobou o decreto de medidas urxentes para a reparación dos danos causados polas inundacións acaecidas na Mariña lucense, tal e como anunciara onte Alberto Núñez Feijóo durante a súa visita ás zonas afectadas.
No percorrido polos concellos de Cervo e Burela, o mandatario autonómico comunicoulles aos quince alcaldes da zona esta decisión, que adopta o Consello da Xunta e que suporá habilitar e activar “as axudas e a reparación dos danos materiais e persoais que se produciran como consecuencia das choivas”.