O circuíto de seguridade vial transformou este martes por completo a Praza dos Campos e a contorna do Parque Reina Sofía, adecuados con semáforos, pasos de peóns, rotondas e todo tipo de sinais de tráfico para que os pequenos, a bordo dos Karts, ademais de pasar unha mañá do máis divertida, tomaran conciencia da importancia de respectar as normas de tráfico adquirindo os hábitos adecuados relacionados coa seguridade viaria, para que así participen do tránsito dun xeito activo e máis responsable, tal e como precisou a edil de Educación, Dolores García Caramés. A actividade está incluída no programa de actividades de verán do Concello de Cervo.
Circuíto de seguridade vial en San Cibrao
Circuíto de seguridade vial en San Cibrao
Relacionado
-
O PP pedirá o apoio na Deputación para esixir ao Goberno central a convocatoria da mesa de Alcoa e medidas de apoio para garantir a viabilidade da planta da Mariña
-
A colaboración de artistas da Mariña converte o Museo do Mar de San Cibrao nun espazo de sensibilización sobre o alzheimer
-
A Xunta dá continuidade ao obradoiro de emprego de xardinería que promoven os concellos de Cervo, Xove e Burela