Dita praza está convocada para cubrir persoal laboral temporal mediante a modalidade de contrato laboral eventual por circunstancias da produción. Esta convocatoria realízase ao amparo de Convenio de Colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Viveiro para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais, cunha duración do contrato de 2 meses e medio. As bases deste proceso están publicadas na páxina web do Concello e no taboleiro de anuncios dixital.