FOZ .- Promafoz, asociación de produtores de madeira de Foz, quere informar aos propietarios de montes deste concello, que por primeira vez se está a desenvolver un procedemento novidoso para a venta de madeira. Baixo o acordo-marco firmado con madereiros de toda a comarca, estanse empezando a crear os primeiros cotos redondos para a corta de madeira de unha forma pioneira e con unos prezos moi competitivos.
Os primeiros cotos que se están formando e que en próximas fechas empezarán a cortar están localizados nas parroquias de:
NOIS
FAZOURO (zona de San Andrés, Ladride, e A granxa)
VILARONTE (Corneria).
SAN MARTIÑO (Fontes verdes)
Por agora os logros conseguidos son:
– Mellores prezos da madeira
– Prezos mais baratos para a preparación do monte
– Planta mais barata para replantar
– O MAIS IMPORTANTE: certificación de calidade dos montes gratis.
Promafoz entende que estamos nun bo momento para a venta de madeira e queremos divulgar que todo aquel veciño que teña madeira para cortar lle será de moito proveito poñerse en contacto con Promafoz, onde lle explicarán este novo procedemento.
Esta oportunidade única debemos aproveitala si queremos poñer en valor os nosos montes.