BURELA .- A CIG de A Mariña celebrou no salón de actos da antiga biblioteca de Burela unha asemblea de delegados para abordar a reforma laboral que o Goberno central ven de anunciar e os efectos que esta vai ocasionar para os traballadores e traballadoras da comarca e do país.
Ademais dos delegados e delegadas de empresa das distintas federacións que compoñen a nosa central sindical estivo presente tamén o noso Secretario Comarcal de Lugo- A Mariña Xosé Ferreiro. Este, ademais de analizar polo miúdo os aspectos máis conflitivos da reforma, anunciou, e animou a participar, na manifestación que a CIG ten convocada para o Xoves 17 de xuño en Lugo en contra das medidas anunciadas .
Para esta mobilización a CIG disporá de autobuses que sairán dende diversos puntos da nosa comarca. Os interesados ou interesadas deberán poñerse en contacto co local que a nosa central sindical ten en Burela (tlf.- 982581861).