Burela, 29 de xuño, 2021. A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo e Paradores presentan este mércores 30 de xuño unha nova edición da súa campaña “Orixe & Destino Galicia”, que terá lugar no Parador de Santiago de Compostela Hostal dos Reis Católicos ás 12:00h, e que contará coa presencia da Conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana.
Trátase do terceiro ano consecutivo no que OPP Lugo, en colaboración coa rede de Paradores de Turismo de España, lanza esta iniciativa que combina a gastronomía, a calidade do produto pesqueiro de Burela e a importancia da Orixen e o Destino Galicia, vinculado todo isto coas diferentes rutas do Camiño de Santiago, especialmente este ano ao coincidir co “Año Xacobeo”.
No acto, que terá lugar no Hostal dos Reis Católicos, intervirán Sergio López, xerente de OPP Lugo; Santiago Carrera, director do Parador de Santiago de Compostela; e a Conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana.
Ao finalizar a presentación terá lugar unha degustación gastronómica de Pescada do Pincho de Burela e Bonito do Norte, que serán os protagonistas desta nova campaña, na que colabora Armadores de Burela.
Esta acción enmárcase dentro das accións de promoción de OPP Lugo incluídas no seu Plan de Produción e Comercialización anual e contan coa cofinanciación da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo e Marítimo da Pesca