A través deste encontro fomentaremos a participación, o diálogo, e a posibilidade de abordar en profundidade os textos interpelando de viva voz á autora sobre o oficio de escritora e a tarefa de escribir literatura. Esta actividade é totalmente en liña en directo e en diferido (para as persoas que non poden conectarse ese día a esa hora). Con Luisa Castro péchase o “Ciclo de Autores Locais” que a aula puxo en marcha este curso académico e que resultou de gran interese cunha participación de máis de 600 alumnos/as. Para seguir este evento por streaming hai que poñerse en contacto coa secretaría da UNED-Aula Universitaria de Foz, 982.133.699 ou 604.034.549 ou por correo electrónico foz@lugo.uned.es.
Encontro con Luisa Castro, este luns na Aula UNED de Foz
Encontro con Luisa Castro, este luns na Aula UNED de Foz
Relacionado
-
Rematadas as obras para mellorar os baños e o posto de socorro na praia da Rapadoira
-
O alcalde de Foz e a concelleira de Asuntos Sociais falaron da residencia de maiores co xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
-
Foz programa polo 25N unha exposición, unha concentración, un contacontos, unha representación teatral e unha charla