Viveiro, 10 de xuño de 2021. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o concelleiro de Deportes, César Iglesias Docal, recibiron esta tarde ás deportistas da Escola de Rugby Astérix de Viveiro. As integrantes do equipo gañaron a pasada fin de semana o Campionato Galego Feminino de Rugby Sub14.
No acto, celebrado na casa do Concello, a alcaldesa e o edil de Deportes trasladaron a súa felicitación ás deportistas, así como ao equipo técnico do club, pola medalla de ouro lograda no campionato autonómico.
“O deporte debe ser un dos piares fundamentais da nosa sociedade, por iso, dende o goberno local estamos moi comprometidos co seu fomento, especialmente co deporte escolar e feminino”, subliñou a rexedora.
Mañá venres, o equipo viveirense viaxa ao Campionato de España de Rugby, onde se enfrontarán aos mellores conxuntos nacionais de rugby femenino sub14. Os representantes do goberno local déronlle á noraboa ás deportistas e desexáronlles sorte na competición.