Viveiro, 4 de xuño de 2021. O Concello de Viveiro acolle os días 8, 9 e 10 de xuño no IES Vilar Ponte as probas da ABAU (Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade), polo que o goberno local estivo realizando os derradeiros traballos de acondicionamento para recibir aos 266 alumnos/as que se presentan aos exames.
Concretamente, persoal municipal de obras estivo trasladando esta semana mesas e cadeiras dende os edificios do centro aos pavillóns de Educación onde se celebran as probas. Así mesmo, persoal de xardinería estivo acondicionado as zonas verdes da contorna.
A distribución do alumnado segundo o seu centro de orixe é a seguinte:
IES de Ortigueira: 13
IES Dionisio Gamallo, Ribadeo: 39
IES Vilar Ponte, Viveiro: 40
IES María Sarmiento, Viveiro: 45
IES de Foz: 40
IES Monte Castelo, Burela: 42
IES Marques de Sargadelos, Cervo: 16
IES Perdouro, Burela: 27
CIFP Porta da Auga, Ribadeo: 4