Santiago de Compostela, 20 de maio de 2021. O portavoz de Marisqueo do Grupo Socialista, Julio Torrado, vén de anunciar unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que “aclare se ten presentado toda a documentación, e en concreto o informe preceptivo requirido para ditar a orde de explotación de recursos marisqueiros que vén de propoñer a Xunta para os próximos tres anos”.
O responsable socialista urxe á Xunta a facer público o expediente completo e “garanta que teñen cumprido coa norma en tempo e prazo”, aclarando as dúbidas que ten suscitado ao respecto, por canto “ninguén sabe a día de hoxe se teñen presentado a documentación esixida. Urxe polo tanto ao goberno galego que “expliquen e clarifiquen se teñen cumprido coas obrigas que lle corresponden ao goberno galego” para aprobar o plan marisqueiro de Galicia.