O evento, no que se enxalzou a figura de Xela Arias, escritora á que se lle dedica a data este 2021, contou coa participación dos intérpretes Rosa Lage e Víctor Rolle. Mentres recitaban, estiveron acompañados polo músico Lino Rico, profesor ademais do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro. Dende o Concello agradécese a implicación dos intérpretes e participantes, así como do profesorado do conservatorio e de todos os asistentes, que contribuíron a reivindicar a figura da escritora.
A sala multiusos de Viveiro acolleu o concerto do obradoiro de canto coral do Conservatorio Profesional, enmarcado na programación para celebrar o Día das Letras Galegas
A sala multiusos de Viveiro acolleu o concerto do obradoiro de canto coral do Conservatorio Profesional, enmarcado na programación para celebrar o Día das Letras Galegas
Relacionado
-
Loureiro destaca “a capacidade do Porto de Celeiro para facer fronte aos problemas e os cambios do sector pesqueiro”
-
Villares defende en Viveiro maior axilidade e transparencia na negociación das cotas co reino unido debido á importancia que ten o caladoiro do Gran Sol para a frota galega
-
Viveiro reclama á Xunta “que non recorte o Espazo Xove e restaure o servizo de animación sociocultural”