Viveiro, 15 de maio de 2021. O Concello de Viveiro xa ten lista a promoción do municipio na emblemática Feira de Turismo FITUR, que se celebra en Madrid do 19 ao 23 de maio. Viveiro estará presente na feira xunto á Mancomunidad de Municipios da Mariña Lucense e coa Deputación de Lugo e no stand de Turismo de Galicia, a través do material e información enviados.
Tanto a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, como a concelleira de Turismo, Marisol Rey, tomaron a decisión de non asistir presencialmente, debido ás circunstancias actuáis derivadas da pandemia e ás limitacións existentes.
A pesar de non asistir presencialmente, a concellería de Turismo está poñéndose en contacto con tour operadores para manter reunións telemáticas. Polo tanto, dende o departamento de Turismo continúase a traballar na promoción de Viveiro, con prudencia e atendendo á situación epidemiolóxica no municipio en cada momento.
Dende o Concello de Viveiro considérase que a presenza en FITUR é importante, pero este ano tras pedir e recomendar á veciñanza saír o menos posible de Galicia e evitar aglomeracións, non procede acudir presencialmente á feira, mais respéctase a decisión daqueles que si asistan.