Viveiro, 15 de maio, 2021. No tramo dende a Oficina de Turismo ata o Centro de Saúde, marxe dereita na dirección Viveiro-Celeiro, da avenida de Ramón Canosa, o groso dos farois de iluminación pública e das sinais de tráfico están situados no centro da beirarrúa.
Este feito ademais de representar unha imaxe caótica e dunha estética moi mellorable, ocasiona riscos de seguridade cando se cruzan dous grupos de peóns, véndose un deles na obriga de transitar entre o farol e a estrada.
Tendo en conta ademais que o barrio de Lodeiro ten un tráfico de peóns bastante elevado o concentrar moita poboación, ademais de contar cunha importante zona de servizos tanto públicos como privados, sendo tamén moi utilizado como zona de paseo e lecer.
Entendemos que esta beirarrúa conta con unha anchura que permite a instalación tanto dos farois de iluminación como das sinais de tráfico no bordo próximo a estrada.
Por todo o exposto anteriormente, o Grupo Municipal de POR VIVEIRO traslada a seguinte proposta de acordo para a súa aprobación en pleno:
1. Acometer a reubicación proposta dos farois de iluminación e das sinais de tráfico neste tramo da avenida Ramón Canosa, ou ben incluír este arranxo nos acordos de colaboración do Concello coa Xunta de Galicia, titular da estrada LU-862