Foz, 12 de maio, 2021. O pasado pleno do Concello de Foz acadou unanimidade en duas propostas do BNG de Foz. Por unha banda a iniciativa para liberalizar e abrir ao tráfico comercial o dique norte do Porto de Alcoa en San Cibrao e a segregación da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao. A importancia destas medidas para a economía de Lugo e da Galiza e notable pois a posta en funcionamento do dique norte, permitiría habilitar un peirao de atraque de 240 metros de lonxitude para buques de 222 mts de eslora, 11,5 mts de calado e 50.000 m2 de esplanada portuaria. A autoridade Portuaria Ferrol – San Cibrao non chega a invertir na provincia de Lugo, nin en San Cibrao nin na Mariña nin siquera o 5% do recaudado aquí no peirao de Morás por taxas e outros conceptos e falamos de cantidades anuais que rondan os 10 millóns de euros. Esta infraestrutura traería consigo unha maior dinamización socioeconómica de A Mariña e, por extensión, da nosa provincia, dinamización mais que necesaria sobre todo pola situación que se está a vivir polo incerto do futuro industrial da comarca.
Por outra banda no eido sanitario o BNG de Foz fixose eco do colectivo querENDO, e acadou a unanimidade para mellorar a asistencia a endometriose. Ista é unha doenza inflamatoria, progresiva, estróxeno-dependente, de orixe descoñecida que consiste na implantación e crecemento de tecido endometrial (glándulas e estroma) fóra do útero, na gran maioría dos casos no peritoneo pélvico e os ovarios, pero que pode afectar calquera parte do corpo da muller. Con diferentes graos e severidade, os síntomas condicionan unha limitación na calidade de vida das doentes e seu pronóstico, e mesmo provoca infertilidade. O retraso medio do diagnóstico é de 8 anos, e vén dado por dúas causas fundamentais: 1- O descoñecemento da doenza e dos seus síntomas por parte das mulleres e 2-a pouca atención que, ata o momento, o sistema sanitario prestou aos síntomas da endometriose, asociando falsamente a regra coa dor, e normalizando este síntoma principal da doenza. No Congreso aprobouse por unanimidade a primeira PNL no ano 2006, mais fóronse dando pasos que em absoluto están em equilíbrio coa gravidade do asunto. En 2015 unha moción relativa a endometriose foi aprobada por unanimidade no parlamento de Galiza mais, em febreiro de 2018 o PP rexeitou a solicitude de ratificación daquela moción. O BNG de Foz cre que xa é hora de poñer em marcha medidas que leven informar a toda a sociedade desta doenza, a formar ao persoal sanitario no seu correcto e temprano diagnóstico e tratamento e poñer a disposición os recursos necesarios na sanidade pública que permitan a formación de unidades específicas e multidisciplinares. Cadrando com esta proposta, o Grupo do BNG no Parlamento da Galiza acadou este mesmo mês, tamén unanimidade desta proposta.