Burela, 5 de maio de 2021. A Delegación de Medio Ambiente do Concello de Burela, que dirixe Toñi Eijo, a través das monitoras de Gaia e en colaboración con José María Vázquez, xerente de Serpa, fixeron esta mañá un taller de elaboración de trampas para a velutina cos alumnos de 6º de Primaria do CEIP Virxe do Carme.
Eijo explicou que “o obxectivo foi que os rapaces comprenderan o dano que fai unha especia invasora como a velutina e o importante que é poder controlala. Para iso fixemos un coloquio taller de como facer trampas caseiras o máis selectivas posibles para non danar outras especies, onde colocalas, en que época, etcétera”.