A alcaldesa, Rocío López, anuncia que “este sábado Lourenzá celebra o tradicional Maio. Este ano, por mor da pandemia, farase dun xeito un pouco diferente e non haberá o percorrido habitual polas rúas da vila. Como alternativa e en recordo a esta festividade doutros anos o Concello colocará na praza uns Maios estáticos e unha exposición fotográfica en lembranza a edicións pasadas. Esta mostra instalarase mañá, venres, e poderá verse ata o luns”.
Lourenzá celebra o tradicional Maio este sábado cunha exposición na praza do Conde Santo
Lourenzá celebra o tradicional Maio este sábado cunha exposición na praza do Conde Santo
Relacionado
-
O PP advirte que “o goberno local sube a contribución e a taxa da auga en Lourenzá en torno a un 25%”
-
O PP de Lourenzá insta ao goberno municipal a tomar medidas para o control da praga de pombas no centro de Vilanova
-
A limpeza dos ríos, petición do PP laurentino á Xunta “ante a pasividade do goberno local socialista”