A iniciativa está promovida por EscapadaRural.com. A plataforma web especializada en aloxamentos rurais máis importante de España seleccionou á poboación asturiana xunto a outras nove entre 247 candidaturas recibidas na V edición destes premios. Ábrese agora o período de votación popular para elixir o vencedor a través dun
site que permanecerá aberto ata o 14 de maio, e non será ata o 18 de maio cando se faga público o nome da nova Capital rural.