O alcalde, Alfredo Llano, acompañado polo concelleiro de Cultura, José Díaz, repartiron este luns nos centros educativos da localidade exemplares do libro Cen historias máxicas pola Mariña encantada. O volume, publicado pola Deputación, é obra de Antonio Reigosa e conta con ilustracións de Neira Brochs. Neses actos de entrega tanto o rexedor como o edil de Cultura fixeron unha pequena presentación do libro entre o alumnado dos centros de ensino de Burela.
Entrega aos centros de ensino de Burela do libro Cen historias máxicas pola Mariña encantada