Nota de Prensa
Barreiro vaticina que o decretazo do Goberno causará máis efectos negativos que positivos
* Afirmouno hoxe no transcurso dun almorzo informativo con empresarios organizado pola CEL
Lugo, a 4 de xuño de 2010.- O presidente do Partido Popular de Lugo participou hoxe nun almorzo informativo con empresarios, organizado pola Confederación de Empresarios de Lugo, no que explicou a visión do seu partido sobre a situación económica na que se atopa España. Deu tamén resposta a algúns asuntos posto riba da mesa polo propio sector empresarial lucense a través do seu presidente, Eduardo Jiménez, relativos, entre outros, ó control do déficit, ó incremento do IVE ou á reforma laboral.
Barreiro foi taxante á hora de valorar a situación económica de España: é moi mala, cada día saen noticias preocupantes neste ámbito, e a falta de credibilidade do goberno socialista, segundo dixo, ralentizará a recuperación. “A súa lentitude e inaxeitada reacción propiciou que os cambios na súa política económica viñeran impostos dende fora, que España perdera a súa soberanía en materia económica”, engadiu.
Neste senso calificou o plan de axuste aprobado en solitario polos socialistas para controlar o déficit de improvisado, inxusto e ineficaz e vaticinou que a súa aplicación empeorará a xa complicada situación actual, dado que reducirá o consumo, incrementará o paro e mermará as posibilidades de crecemento económico. Lembrou neste eido que a Xunta de Galicia está a aplicar un plan de austeridade dende o pasado ano e reprochou ó Goberno central a súa improvisación e que non apostara polo consenso para afrontar reformas.
Insistiu en que a conxelación das pensións e as consecuencias negativas que terá o decretazo puido terse evitado se o goberno tomara en consideración o paquete de medidas alternativo proposto polo Partido Popular (reestructurar o conxunto das administracións públicas, impoñer teitos de gasto de obligado cumplimiento a todas elas, reducir ministerios, recortar altos cargos, personal eventual, gastos correntes, subvencións a sindicatos e partidos políticos e transferencias a fundaciones e sociedades públicas).
Barreiro non pasou por alto tampouco a incertidume que está a causar nos mercados e na sociedade en xeral as continuas contradiccións que se están a dar entre os diferentes vicepresidente e ministros e na falta de concreción sobre os recortes orzamentarios anunciados. Fixo mención especial, pola gran repercusión que pode ter na provincia de Lugo, a Fomento. José Blanco anunciou un recorte de 6.400 millones nos vindeiros dous anos e retraso medio de un ano para todas as obras dependentes do seu ministerio e avisa incluso de que suspenderá ou anulará algún dos contratos en execución, pero aínda non detallou cómo afectará o axuste a cada unha das obras previstas. Insistiu na conveniencia de que continúen vixentes os compromisos adquiridos coa provincia de Lugo
Este reaxuste, segundo indicou, obligará a moitas empresas a redimensionar as súas plantillas co conseguinte incremento do desemprego, que a propia Asociación Nacional de Constructoras Independientes (Anci) cuantifica nuns 115.000 traballadores da construcción.
REFORMA LABORAL. No que atinxe á reforma laboral, Barreiro principiou suliñando que a taxa de paro supera o 20 por cento, o que supón máis de cuatro millóns de desempregados. Unha cifra “alarmante”, segundo dixo, e avogou pola prudencia ante os datos de maio, nos que se atisba unha leve melloría, hai que enmarcalos no tradicional incremento da contratación estacional.
Sobre o anuncio do goberno de que o 16 de xuño aprobará o decreto da reforma laboral haxa ou non acordo entre sindicatos e empresarios, Barreiro puntualizou que a data elexida non é casual senón obrigada, porque precisamente o 17 e 18 de xuño a Unión Europea vai valorar as medidas adoptadas por España para reconducir a situación económica.
O presidente dos populares lucenses amosouse partidario de promover unha reforma laboral similar á acordada en 1997 na que, entre outras medidas, se prime a creación de emprego mediante a eliminación de dualidades no mercado de traballo (entre temporales e indefinidos), a reforma da negociación colectiva que permita unha maior flexibilidade da negociación salarial dentro das empresas, e a promoción do sector privado nas tarefas de formación e colocación dos desempleados.
SUBA DO IVE.- A suba do IVE que será aplicada o vindeiro mes de xullo foi criticada por Barreiro. Suporá unha carga máis para as PEMEs, os autonómos, e, en xeral, para todas as empresas, dado que obligatoriamente terán que repercutir nun incremento dos precios, co que se retraerá o consumo e a actividade económica, ou nunha reducción nos xa de por si exiguo marxe de beneficios.
Neste contexto lembrou a negativa do Partido Popular a aplicar esta medida e incluso as iniciativas plantexadas con este obxectivo en diversos ámbitos institucionais. Referiuse en concreto á moción aprobada no Senado na que se instaba ó goberno a derogar o incremento deste imposto. Nela tamén se apremiaba ó exucutivo de Zapatero a cambiar o réximen de pago do IVE para que os autónomos e as PEMES non teñan que abonalo ata que non as cobren e que se establecera un tipo superreducido (4%) para as actividades turísticas e para determinados servicios intensivos en man de obra como os de pintura, fontanería, electricidade e carpintería co fin de fomentar o consumo, ampliar bases de recaudación e desincentivar a economía sumerxida.