Lugo, 30 de marzo, 2021. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, Apehl, celebrou este martes a asemblea xeral e asemblea electoral na que se elexiu a totalidade dos cargos da Xunta Directiva.
Ao presentarse unicamente a candidatura de José Francisco Real Castro, non foi necesaria votación algunha para proceder á proclamación da mesma. Así quedou constituida a Xunta Directiva da Apehl para un mandato de catro anos cos integrantes que se relacionan a continuación:
Presidente: D. José Francisco Real Castro
Vicepresidente: D. José Manuel Cela Rodríguez
Secretario: D. Jacobo García-Bobadilla Prósper
Vogais:
D. Manuel Tapia Rivera
D. Alfonso Arias Castro
D. Jesús Díaz Anllo
D. Manuel-Ángel Fernández Díaz
D. Daniel Romay Piñeiro
D. Juan Antonio Agra Lago
D. Rubén Pinín González