Viveiro, 30 de marzo de 2021. O Concello de Viveiro informa da publicación no Diario Oficial de Galicia, este martes 30 de marzo, da orde pola que se establecen as bases reguladoras para as axudas ao alugamento de vivenda do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021. A publicación procede ademais á convocatoria desta liña de axudas para o ano 2021, das que poderá beneficiarse tamén a cidadanía de Viveiro.
A finalidade destas subvencións é facilitar o desfrute dunha vivienda en réxime de alugamento a sectores da poboación con escasos medios económicas. Esta liña de subvencións concederá axudas directas ás persoas inquilinas, cuxa cantidade oscilará entre o 40% e o 50% da renda mensual que se deba satisfacer polo alugamento.
Entre os requisitos que deben cumplir os beneficiarios/as desta liña de axudas está o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM). Concretamente, os ingresos percibidos polas unidades de convivencia deben ser inferiores a 2 veces o IPREM pero nunca inferiores a 0,7 veces o IPREM. Non obstante, en casos de familias numerosas ou unidades familiares con persoas con certas discapacidades, o límite dos ingresos pode chegar a 4 ou 5 veces o IPREM.
Ademais, as persoas beneficiaras non poderán ter vivienda en propiedade nin débedas coas administración públicas.
As persoas interesadas nesta liña de axudas poderán presentar as solicitudes ata o día 30 de abril de 2021, data na que remata o prazo.
O Concello de Viveiro recorda ademais que a Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro ofrece información e a posibilidade de tramitación da axuda. A oficina sitúase na Praza Maior, 1, e tamén pode ser contactada por teléfono no 982 562968.