Ribadeo, a 27 de marzo de 2021. O voceiro do Grupo Municipal do PP de Ribadeo, Daniel Vega, “preguntase que oculta o goberno local do BNG non querendo explicar a herdanza do doutor Moreda”. Así o fai Vega ao comprobar que na orde do día do pleno municipal que se vai a celebrar este luns, non está incluída a moción rexistrada polo grupo popular o 9 de xaneiro deste ano na que se solicita a creación dunha comisión de seguimento sobre a herdanza do doutor Moreda. “Pasaron máis de 2 meses desde que rexistramos a nosa proposta e ,aínda, non se debateu o cal nos parece unha falta de consideración por parte do goberno nacionalista”, explica o voceiro popular.
Vega afirma que “desde o PP mantivemos contactos coa familia do doutor Moreda e están de acordo en que se cree esta comisión de seguimento”.
“O que queremos é que se cree unha comisión transparente, con representación política municipal, do corpo técnico municipal (administrativos, arquitectos, traballadores sociais) e da familia, na que se analizaría que orzamento ten esta herdanza, en que se van a inverter eses cartos e, tamén, na que se faría un seguimento das obras do Hospital Asilo”, salienta o voceiro popular.