Viveiro, 19 de marzo de 2021. O Concello de Viveiro tramitou o procedemento de contratación para sacar a licitación a concesión administrativa de catro novos postos da Praza Municipal de Abastos de Viveiro.
“As prazas de abastos sempre foron motores do comercio local e con este proceso queremos contribuír á dinamización das instalacións, ademais de reactivar a economía do concello”, afirma a alcaldesa, María Loureiro.
Estes catro postos, con medidas que oscilan entre os 6,5 e os 15,79 m2, deben destinarse á venda de produtos de alimentación en xeral, entendéndose por tales os peixes e mariscos; carnicería; panadería; froitas e verduras; charcutería; pastelería; produtos gourmets, queixos, chacinas, salazóns e conservas; viños, aceites, froitos secos, froitos do bosque, encurtidos e ultramarinos, ou conxelados.
O mercado de Viveiro é un lugar idóneo para a compra de productos locais, potenciando os hábitos de vida saudables cunha dieta de verduras, hortalizas, carne ou pescado fresco.
As concesións dos catro postos outorgaranse por un prazo de 10 anos e o prazo de presentación de proposicións será de 30 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Este anuncio publicarase previsiblemente o 24 de marzo de 2021.