A MARIÑA .- Segundo os datos aportados polo observatorio do paro da Unidade de Promoción e Desenvolvemento do Pacto Territorial de Emprego da Mariña, no mes de maio o paro baixou un 2,97 por cen no conxunto dos concellos de Alfoz, Barreiros, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Burela. Este descenso é maior que o rexistrado fai un ano cando o a baixada mensual se situaba no 1,96 por cen.
Entre maio de 2009 e maio de 2010 o paro aumentou nos concellos do Pacto Territorial en 426 persoas, o que en porcentaxe supón un aumento do 10,78%.
En Lugo e en Galicia tamén o paro descende, aínda que nunha porcentaxe menor que no Pacto Territorial. Onde menos descende o paro é a nivel da provincia, situándose Galicia nunha posición intermedia. En Lugo o descenso mensual rexistrado este ano é inferior ao rexistrado
fai un ano, mentres que en Galicia ocorre o contrario, é maior o rexistrado en 2010 que en 2009.
En Lugo e Galicia o paro aumentou nos derradeiros doce meses. A comparación dos tres ámbitos danos que o maior aumento dase a nivel de Galicia e o menor aumento é para a provincia de Lugo
http://www.updmarina.org
http://www.updmarina.org/2010/06/descenso-desocupados.html