Burela, 12 de marzo de 2021. O PP de Burela demostrou onte que é o único partido da oposición denunciando novamente as irregularidades que reflexa o informe de intervención. Dito informe fala de falta de control de gasto das diferentes áreas de gobernó; “o que en termos coloquiais se pode considerar como despilfarro”, advirten os populares.
Tamén se menciona en dito documento que o goberno de Llano non para de facer contratacións irregulares que contraveñen o indicado no artigo 118 da Lei de Contratos do Sector Público. Case 100.000 euros, dos arredor de 160.000 que se tiveron que mover dunhas partidas a outras por medio dunha tramitación extraxudicial de crédito, e que pertencían a facturas do SAF e do Consorcio da Auga Cervo-Burela. Para o Grupo Municipal “a isto non se debería ter que recorrer xa que o Sr. Llano debería de saber, despois de tantos anos na primeira liña da política local, cal é o gasto que, aproximadamente, van a ter estes servizos”, afirman.
“O despropósito da xornada plenaria culminou cando o alcalde tivo que traer por segunda vez a pleno o Plan Único debido a unha mala interpretación das bases que indicaban claramente que partidas debían de contar con 1.500 euros”, destacan.
A anécdota do pleno
A anécdota do pleno protagonizouna o secretario municipal ao participar no debate e interpelar ao voceiro municipal do PP cando este explicaba que quería que se reflictise na acta do pleno as explicacións das irregularidades manifestas da acta da sesión do 3 de decembro do pasado ano, a cal se sometía a consideración no presente pleno.
“Dende o PP recordamos que o secretario, non exerce esta labor en exclusiva para o goberno do Sr. Llano ou para calquera outra formación política en exclusiva. A figura do secretario é para toda a corporación local e, por extensión, exerce este labor de servizopúblico para todo o Concello”, conclúen.