RIBADEO (FNC) .- O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, amósase satisfeito coas dúas bandeiras azuis que conseguiron as praias de As Catedrais e Os Castros-Illas, froito do traballo realizado polo Concello.
O edil nacionalista dixo esta tarde que “un ano máis o noso concello foi galardoado coas bandeiras azuis nas praias de As Catedrais e As Illas-Castros, pero hai tamén uns días que nos comunicaron que os dous areais reciben neste 2010 a Q de calidade. Tamén estamos traballando para conseguir o Emas coa ISO 14001 en canto á calidade ambiental destas praias e quero lembrar que hai pouco logramos tres bandeiras verdes para o noso concello en recoñecemento ao traballo realizado en materia medio ambiental”.
Cupeiro engadiu que “estamos facendo un esforzo para manter nas mellores condicións posibles a praia de As Catedrais, estamos limpando os baños con moita frecuencia, estamos limpando tamén o céspede cunha frecuencia tamén grande… debido á cantidade de turistas que a diaria se pasan por este areal e na praia dos Castros estamos agora vendo o tema do aparcadoiro para que todos poidan gozar o mellor posible dese entorno”.
O concelleiro de Medio Ambiente considera que “debemos estar contentos por este galardón, pero tamén nuns días viaxarei a Madrid a recoller as Q de calidade e agardamos recibir en breve esa certificación ISO 1400”.