Burela, 10 de marzo de 2021. O PP vén de reunirse coa asociación de cazadores de Burela, o máis importante da Mariña que engloba ata tres concellos da comarca -Burela, Cervo e Xove- e que conta cun proxecto de referencia que estivo exhibido na Consellería durante varios anos.
O PP de Burela dá así cumprindo ao seu obxectivo de escoita continua aos diferentes colectivos da nosa vila. Na reunión tamén participaron a presidenta provincial do Partido, Elena Candia, e o parlamentario Daniel Vega, moi vencellado ao mundo rural; ademais do voceiro municipal, Manuel Rouco. E, en representación do coto de cazadores O Azor, estiveron presentes o seu presidente, José Ramón Canoura, e un dos seus vogais, Ángel González.
Rouco interesouse polas necesidades do colectivo e por coñecer a súa visión sobre a situación do sector a corto e medio prazo. Neste sentido, Ramón Canoura trasladou que un dos maiores gastos era o control do xabarín fóra do entorno urbano e rural mediante os comedeiros dispostos para tal fin. Tamén se mostrou preocupado polo cariz que está a tomar a cuestión relativa ao lobo a nivel nacional e o “perigosa” que podía ser esta deriva.
Presentación en Burela de iniciativas da Consellería
A presidenta dos populares, Elena Candia, coñecedora do rural e do mundo da caza, trasladoulles ideas de traballo moi en consonancia con parte das propostas dos representantes deste colectivo.
Neste sentido, abordaron a posibilidade de presentar en Burela algunha desas ideas nas que xa está traballando a Consellería e que será exportable a toda Galicia. Ámbolos dous representantes dos cazadores viron esta idea con moi bos ollos.
O parlamentario Daniel Vega destacou o importante labor de control cinexético que fan os cazadores e que posibilita, dalgún modo, parte do desenvolvemento do mundo rural.
Rouco cre que “as posibilidades económicas e turísticas que representa este sector son inmensas para a nosa comarca. O potencial da Mariña neste sentido está moi pouco explotado e pode ser un importante recurso a ter en conta nun futuro inmediato”.